martes, 5 de noviembre de 2024

TAREFAS,CURSO 24/25,TITORÍA,

 FICHA PARA TRABALLO OBRIGATORIO SOBRE UN ESCRITOR OU ESCRITORA GALEGA.

Data limite 27 de novembro

           Na ficha deberedes incluir:

➡️Nome e apelidos.

➡️Data de nacemento e defunción se é o caso.

➡️Pequena biografía .

➡️Obra en xeral , facendo fincapé nunha pola que se lle coñeza.

➡️Tipo de XÉNERO literario que usa. ( Poesía, novela, teatro).

➡️Premios acadados.

➡️Se lestes algo do autor/a podedes incluir a vosa opinión.

➡️Curiosidades.


A ficha deberá ser entregada á titora o día da exposición. 

Para a exposición podedes usar un esquema.Teredes que facer a exposición do vos@ escritor/a  sen ler  todo o rato a información que recollestes. A duración da mesma no más de 3 minutos.

Para iso é preciso que practiquedes a oralidade, ton axeitado e  vocalizando . Manter contacto visual co público.

Podedes acompañar con fotos ou libros do escritor/a, mapas, música, obxectos... E podedes vir disfrazada/os ou caracterizada/os coma eles/as.

IMPORTANTE.: Podedes facelo antes se xa o tedes. Só tedes que avisarme con antelación. Para grabar despois en Polos o Croma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario