lunes, 16 de octubre de 2023

TITORIA, CURSO 23/24

 INFORMACIÓN  DO 1° TRIMESTRE

Ao longo do primeiro trimestre...

PROXECTOS TRANSVERSAIS E COMÚNS DE CENTRO  E RELACIONADOS COA  NOSA CONTORNA.

  • A AUGA.    Pretende concienciar  aO alumnado  do coidado e protección do medio ambiente, coñecer o ciclo da auga,  visibilizar a riqueza  cultural relacionada co auga  no noso entorno,  e coñecer e valorar  diferentes enclaves xeográficos  do mundo dende a prespectiva do uso da auga.
  • O XORNAL O FISCAÍÑO .  Dende biblioteca escolar  e biblioteca creativa, creando un foro de novas con seccións  distintas nas que  o alumnado  traballa as súas competencias comunicativas a partir do xornal cuxo nome  é un dos ríos da localidade.As edicicións  son mensuais . 
  • PATIOS DINÁMICOS  Para favorecer a inclusión e a cooperación do alumnado , diversificando  novas formas de xogo e interacción  e promovendo valores de  empatía , solidariedade e respecto. 
  • EDUCACIÓN RESPONSABLE  Aprendendo a  regular , xestionar  emocións propias e alleas a traves da literatura, a música  e  a arte + PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS.
  • PROXECTO SAÚDE.  Favorecendo hábitos saudables en todos os ámbitos , presentes en todas as rutinas de aula.

NOVAS  PESTANAS NO NOSO BLOG

  • TÉCNICAS DE ESTUDIO  (resumo e esquema... seguiremos ampliando)
  • USO DOS DICCIONARIOS (galego, castelán, inglés)
  • ACTIVIDADES AULA POLO CREATIVO
  • A conexión cos proxectos do centro a través do blog de Tololeo.
E ao longo de todo  o ano...

AVALIACION neste curso...

PROBAS ESCRITAS/ORAIS  E TÁBOAS DE INDICADORES Serán os instrumentos de avaliación contemplados  nos que se  constatarán  os  progresos  do alumnado.

A proba escrita  será  unha  cada dúas unidades , dentro das mesmas teñen cabida probas de expresión e comprensión  escrita ,   resolución guiada ou tipo test. 

Taboas de indicadores   para   vocabulario , ortografía,  concordancia do escrito, hábitos e rutinas de traballo na aula. presentacións orais e  escritas, progresión cálculo, exposicións...


NOVIDADE

  • Traballos que  engaden porcentaxe  á nota  da avaliación. presentación  de traballo libre que pode ser relacionado co proxecto da auga, medio ambiente ou outro tema de interese, ou tamén lectura dun libro escollido libremente, axeitado a súa idade, da que cubrirán unha ficha informativa e terán unha conversa orall coa mestra.  

ENTREGA DE  TRABALLOS OBRIGATORIOS

1º TRIMESTRE  Elaboración dun cómic ou banda deseñada con dez viñetas onde se valorará  a presentadción, a cohesión da historia  e a creatividade.  formato libre  e en todo momento  poderedes consultar  á mestra. Haberá momentos  libres  de elaboración na aula ( os venres).Dependendo do idioma no que o fagades terase en conta para galego ou castelán.

2º  TRIMESTRE . traballo- exposición  en  equipo. Por determinar. 

3º TRIMESTRE. Realizacion dun experimento  relacionado coa auga , en parellas ou de xeito individual, elexido libremente , explicaredes ao resto do alumnado en que consiste. o/os membro/s deberán  fortalecer a exposición  por igual. Poderedes solicitar material e axuda  á mestra. 

A ter en conta...

  O 5% Da NOTA  TEN QUE VER COA EXPRESIÓN NESA LINGUA  CON FLUIDEZ TANTO ORAL COMO ESCRITA.  Nas áreas nas que a lingua vehicular sexa o galego ou  castelán. Tratase de valorar o esforzo e a iniciativa que á hora de expresarse, non pasa nada por non usar todos os termos normativos. PARA APRENDER UNHA LINGUA  HAI QUE FALALA, sexa unha ou a outra..

POÑAMONOS EN MARCHA!!