FICHA PARA TRABALLO OBRIGATORIO SOBRE UN ESCRITOR OU ESCRITORA GALEGA.
Data limite 27 de novembro
Na ficha deberedes incluir:
➡️Nome e apelidos.
➡️Data de nacemento e defunción se é o caso.
➡️Pequena biografía .
➡️Obra en xeral , facendo fincapé nunha pola que se lle coñeza.
➡️Tipo de XÉNERO literario que usa. ( Poesía, novela, teatro).
➡️Premios acadados.
➡️Se lestes algo do autor/a podedes incluir a vosa opinión.
➡️Curiosidades.
A ficha deberá ser entregada á titora o día da exposición.
Para a exposición podedes usar un esquema.Teredes que facer a exposición do vos@ escritor/a sen ler todo o rato a información que recollestes. A duración da mesma no más de 3 minutos.
Para iso é preciso que practiquedes a oralidade, ton axeitado e vocalizando . Manter contacto visual co público.
Podedes acompañar con fotos ou libros do escritor/a, mapas, música, obxectos... E podedes vir disfrazada/os ou caracterizada/os coma eles/as.
IMPORTANTE.: Podedes facelo antes se xa o tedes. Só tedes que avisarme con antelación. Para grabar despois en Polos o Croma.