lunes, 15 de abril de 2024

TITORÍA,CURSO 23/24

 3° TRIMESTRE

ACTIVIDADES, CELEBRACIÓNS E EXPOSICIÓNS NA NOSA AULA.

Retomamos sen présa ,pero sen pausa, a recta final do curso.

Actividades  en torno a...

--Día libro, 23 de abril .

Grabación en Radio Pingueira e outras actividades previstas que irán aparecendo no blog de Tololeo.

--Obradoiro de Biblioteca Creativa/Robótica e pensamiento computacional. 3 de maio.

--Día das letras galegas. 17 de maio.Retomaremos a alborada que non se puido levar a cabo en febreiro cos poemas de Rosalía polas prazas do pobo e outras actividades relacionadas coa autora LUÍSA VILLALTA, e etnografía galega.

- Obradoiro de ciencias no IES. 31 DE MAIO.

--Xuño. Volveremos coas  exposicións finais de aula. E remataremos o curso con educación vial e o festival de. Fin de curso

17-18  XUÑO exposicións.

EXPOSICIÓNS

Grupal

Área de ciencias sociais 

MOITAS COUSAS FÁLANNOS DO PASADO.

Imos a buscar información e expoñela do pasado de Trives ou arredores. 

Incluiremos...

Breve historia  e evolución.

Os monumentos ou restos arqueolóxicos doutros tempos.

Datos de interese.

Imaxes, e vídeos.

Poderase facer maquetas dos monumentos. -Se dera tempo-

Os grupos farémolos a sorteo na aula.


Individual

Área de ciencias naturais

Exposición sobre un invento importante para a humanidade e os beneficios que  aportou . Entregarase unha ficha coa información que deberedes incluir.

Inventos:

,Roda, vela, radio, teléfono, televisión, ordenador,  electricidade e bombilla, telescopio e  microscopio, reloxo e  avión  e aparatos que voan.



Poderedes traer aparatos antigos que atopedes para unha exposición.