INFORMACIÓN DO 1° TRIMESTRE
Ao longo do primeiro trimestre...
PROXECTOS TRANSVERSAIS E COMÚNS DE CENTRO E RELACIONADOS COA
NOSA CONTORNA.
- A AUGA. Pretende concienciar aO alumnado do coidado e protección do medio ambiente, coñecer o ciclo da auga, visibilizar a riqueza cultural relacionada co auga no noso entorno, e coñecer e valorar diferentes enclaves xeográficos do mundo dende a prespectiva do uso da auga.
- O XORNAL O FISCAÍÑO . Dende biblioteca escolar e biblioteca creativa, creando un foro de novas con seccións distintas nas que o alumnado traballa as súas competencias comunicativas a partir do xornal cuxo nome é un dos ríos da localidade.As edicicións son mensuais .
- PATIOS DINÁMICOS Para favorecer a inclusión e a cooperación do alumnado , diversificando novas formas de xogo e interacción e promovendo valores de empatía , solidariedade e respecto.
- EDUCACIÓN RESPONSABLE Aprendendo a regular , xestionar emocións propias e alleas a traves da literatura, a música e a arte + PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS.
- PROXECTO SAÚDE. Favorecendo hábitos saudables en todos os ámbitos , presentes en todas as rutinas de aula.
NOVAS PESTANAS NO NOSO BLOG
- TÉCNICAS DE ESTUDIO (resumo e esquema... seguiremos ampliando)
- USO DOS DICCIONARIOS (galego, castelán, inglés)
- ACTIVIDADES AULA POLO CREATIVO
- A conexión cos proxectos do centro a través do blog de Tololeo.
AVALIACION neste curso...
PROBAS ESCRITAS/ORAIS E TÁBOAS DE INDICADORES Serán os instrumentos de avaliación contemplados nos que se constatarán os progresos do alumnado.
A proba escrita será unha cada dúas unidades , dentro das mesmas teñen cabida probas de expresión e comprensión escrita , resolución guiada ou tipo test.
Taboas de indicadores para vocabulario , ortografía, concordancia do escrito, hábitos e rutinas de traballo na aula. presentacións orais e escritas, progresión cálculo, exposicións...
NOVIDADE
- Traballos que engaden porcentaxe á nota da avaliación. presentación de traballo libre que pode ser relacionado co proxecto da auga, medio ambiente ou outro tema de interese, ou tamén lectura dun libro escollido libremente, axeitado a súa idade, da que cubrirán unha ficha informativa e terán unha conversa orall coa mestra.
ENTREGA DE TRABALLOS OBRIGATORIOS
1º TRIMESTRE Elaboración dun cómic ou banda deseñada con dez viñetas onde se valorará a presentadción, a cohesión da historia e a creatividade. formato libre e en todo momento poderedes consultar á mestra. Haberá momentos libres de elaboración na aula ( os venres).Dependendo do idioma no que o fagades terase en conta para galego ou castelán.
2º TRIMESTRE . traballo- exposición en equipo. Por determinar.
3º TRIMESTRE. Realizacion dun experimento relacionado coa auga , en parellas ou de xeito individual, elexido libremente , explicaredes ao resto do alumnado en que consiste. o/os membro/s deberán fortalecer a exposición por igual. Poderedes solicitar material e axuda á mestra.
A ter en conta...
O 5% Da NOTA TEN QUE VER COA EXPRESIÓN NESA LINGUA CON FLUIDEZ TANTO ORAL COMO ESCRITA. Nas áreas nas que a lingua vehicular sexa o galego ou castelán. Tratase de valorar o esforzo e a iniciativa que á hora de expresarse, non pasa nada por non usar todos os termos normativos. PARA APRENDER UNHA LINGUA HAI QUE FALALA, sexa unha ou a outra..
POÑAMONOS EN MARCHA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario