Ola familias,
Remítovos un resumo do que supoñen as probas que realizarán os nenos e nenas de 4° .
Para elo practicaremos na aula probas estandarizadas como as que van realizar neses días. Ao mesmo tempo poderedes velas pois en ocasións levarán para casa o feito.
PROBAS DE DIAGNÓSTICO
4° primaria/2025
días 28 de abril e 5/6 de maio
EN QUE CONSISTE ...
INFORMACIÓN
As probas que realizarán os nenos e nenas neses dias teñen un carácter informativo, formativo e orientativo para os centros ,que recibirán un informe de resultados sobre o conxunto do seu alumnado polo nivel e pola competencia avaliada.
Non é unha avaliacion do alumno, polo que non haberá datos nin cualificacións individuais. A avaliacion obtida ten un carácter meramente diagnóstico , unha información en prol dun incremento na mellora do sistema educativo.
Calquera dúbida xa sabedes.
Máis información sobre PROBAS DE DIAGNÓSTICO .
Hoxe a dia 9 de abril pásanme a seguinte información de interese para vós.
Irei actualizando o que me vaian pasando nesta entrada do blog.
LEMBRADE QUE A NÓS, POR MOR DO CONGRESO CIENTÍFICO, permítennos que o fagamos nas datas que vos dixera. 28/4 e 5 e 6/5.
No enlace esta a información que vos remito a continuación.