martes, 16 de enero de 2024

MATES PARA TODOS,CURSO 23/24,

 Hoxe avanzamos un pouquiño máis no algoritmo das multiplicacións...

E estivemos vendo como se multiplica por dúas cifras...

Aprendimos que é MOI MOI IMPORTANTE COLOCAR BEN OS NÚMEROS.( Unidades debaixo de unidades, decenas debaixo de decenas .... E así)

Tamén aprendimos que cando multiplicamos un número por outro de dúas cifras... Por exemplo :

                         345 x 34... 

Realmente estamos multiplicando por 30 e por 4... ( A descomposición do 34!!!),

 se  fixeramos  as multiplicacións por separado  e sumáramos ambos resultados teríamos o mesmo resultado que facéndoo directamente.

           345 x 30 =  10.350

        345 x 4 =       1.380

  10.350 + 1.380 = 11.730


Agora facendo a multiplicación completa en vertical...

                       3  4  5

              X        3  4

             ------------------------

                    1.  3  8  0

        +     1  0.  3  5 (0)

             ---------------------------

               1   1.   7  3  0


( Olliño.. o cero entre paréntesis non faría falta poñelo pero axuda a entender e manter colocadas as cifras... Cando o teñades interiorizado.. non vós fará falta).


Seguiremos practicando... Hoxe foi o comezo, e queda aquí para a vosa  consulta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario