GUIóN DA EXPOSICIÓN ORAL LIBRE.
PARA O 20 DE NOVEMBRO
INTRODUCIÓN
O saúdo: "Bos días / tardes a todos e a todas. O meu nome é ..
O tema: "Hoxe vou falarvos sobre …
Por que o elixiches?: "Elixín este tema porque...
O que imos ver: Na miña exposición imos aprender
MATERIAL DE APOIO (o que vas levar para ensinar)
Vídeo para proxectar: (Lembra dicirlle á profe antes de empezar para telos listos!)
Maqueta ou obxecto real: (Algo que os teus compañeiros poidan ver de preto ou que ti poidas manexar mentres falas).
Cartolina ou presentación: (Con fotos grandes, debuxos…)incluso podes vir vestido representando a temática da túa exposición.
O DESENVOLVEMENTO
Aquí explicas as partes do teu tema. Incluso podes meter algún dato curioso.
CONCLUSIÓN
Resumo: "Para rematar, o máis importante que debemos lembrar
A despedida: "Moitas grazas a todos pola vosa atención".
Preguntas: "Alguén ten algunha dúbida ou quere facer algunha pregunta?
Sorrí e respira: Se te pos nervioso ou nerviosa, para un segundo, respira fondo e continúa.
Valo facer xenial!
NORMAS PARA FALAR NA EXPOSICIÓN
Controla o tempo A túa exposición debe durar entre 3 y 5 minutos Se traes un vídeo para proxectar, lembra que debe ser moi cortiño (máximo 1 minuto). O vídeo é unha axuda, pero o máis importante é escoitarte a ti!
Respecta o turno de palabra. Mentres un compañeiro ou compañeira está a falar diante da clase, os demais escoitamos en silencio absoluto e con moito respecto.Se queres preguntar algo ou tes algunha dúbida, agarda a que remate toda a exposición Nese momento, levanta a man.
Usa o guión coma un mapa pero non para ler. Esta folla é para axudarche a non perderte. Está prohibido ler parágrafos enteiros mirando fixo para o papel.Botas unha ollada rápida á túa folla para saber que toca dicir, levantas a cabeza, miras aos teus compañeiros e explícalo coas túas propias palabras.
Mira aos teus compañeiros: Non mires fixo ao chan nin ao papel. Busca cos ollos aos teus amigos da clase.
Fala alto e amodo e sobretodo vocaliza: Non leves présa por acabar. Fala coma se lles contases unha historia
Presenta o teu material: Cando poñas o vídeo ou ensines a maqueta, explica ben que estamos vendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario