jueves, 5 de febrero de 2026

UN POUCO DE TODO,curso 25/26, TITORÍA

 




Ola familias 

Dado que os vosos/as peques se estrenan este año no EsquiOU, vouvos enviar unha relación do material que adoitan levar outros anos . ( Os que teñen irmáns maiores xa saben)

De todas maneiras, cando se achegue a data actualizarei a información , se fose preciso.


EsquiOU - marzo 2026


MATERIAL  E RECOMENDACIÓNS .

Material que precisarán

  • Pantalón ou mono de neve, 
  • chaqueta ( levar dúas mellor, por se mollan unha)
  • Luvas ( guantes), 
  • Gorros
  • Bragas (para a garganta )
  • Gafas protectoras de sol.
  •  Calzado/ bota impermeable de montaña ou botas de descanso de neve)
  • Calcetíns (metede alo menos 6 pares.)
  • Camisetas térmicas interiores  (e  Leggings térmicos non veñen mal tampouco.) 
  • Necesitarán roupa "normal" para a velada que lles preparan os monitores as dúas noites.
  •  Calzado de recambio, (é dicir as botas e outro calzado).
  • Unha bolsa  grande para ir metendo a roupa sucia

ASEO E PISCINA

  • Para o aseo, chanclas para a ducha, toalla e productos de aseo.
  • Unha bolsa ou mochila  pechada e xa preparada para a piscina  onde meterán gorro,  outra toalla, chanclas ( poden ser ás da ducha)  bañador e unha muda.
Medicacións

Se algún neno que tomar algún medicamento prescrito polo médico deberá traer o mesmo acompañado dun papel onde explique a dose e temporalización que precisa, e  unha autorización para poderlle administrar o mesmo.

O mesmo se ten algunha intolerancia alimentaria que deba ser posta en coñecemento

Moi moi importante, TODO deberá ir marcado co seu nome!🙏

RECOMENDACIóNS 

Non precisan levar moitos cartos. Seguramente visiten a tenda da estación, pero é opcional, van con todo cuberto e o importante é que disfruten da convivencia e das actividades.

Importante que fagan a maleta/ bolsa con vós e que saiban o que traen.

A maleta non debe ir ao máximo, despois queixanse de que non lles pecha🙃.


Iso é todo polo de agora...

O resto da info , horarios de  saída e recollida , xa cando se achegue a data.

Imos falando !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario