viernes, 19 de septiembre de 2025

TITORÍA, curso 25/26

 Ola familias!

Hoxe comezamos coa actividade 

AS MIÑAS LECTURAS.

Os venres son os días  da Biblio para 3° ,e dito día ,cada semana , escollerán un  conto  para levar a casa e facer a actividade.

En que consiste a actividade?



O venres 26  , levarán o seu primeiro libro, ditas lecturas serán de venres  a venres, polo que  ata o seguinte venres non terán que traer o libro (aínda que se algún  remata  antes , pode  traelo ).

No block   terán que pór  o TÍTULO, e os DATOS SINALADOS, tamén a DATA   e facer o debuxo sobre o mesmo E UN PEQUENO RESUMO. 

Iremos aprendendo e perfeccionando a forma de facelos.

 Hoxe empezamos cun libro dos bolechas, e cada un está a facer o seu na aula, para que se acostumen a identificalos e escribilos.

Despois  ao longo da semana irán contando  aos compañeiros , explicando o que debuxaron e lendo o seu resumo.

Esta actividade forma parte, entre outras,  do clube de Lectura da biblio de Tololeo, da que forman parte este ano segundo e terceiro ciclo.




A lectura ha de ser sempre unha actividade pracentera, e tanto na lectura individual como na  colectiva que levaremos a cabo trataremos de crear un ambiente distendido, gratificante e enriquecedor!!

Graciñas pola vosa colaboración.

Saudiños e calquera dúbida ou aclaración sen problema.

2 comentarios: